Forzas de seguridade do Grove fórmanse contra a violencia machista

    violencia_xenero_100.jpgO GROVE > Esta tarde a concellería de igualdade e benestar do Grove organizou un obradoiro de formación de forzas e corpos de seguridade…

    … en materia de violencia de xénero; un tema que esta a preocupar, e moito, a tódolos gobernos locais galegos. Tal e como aclarou o tenente de alcalde grovense, actualmente este servicio de atención pode presentar certas carencias por falla de formación; razón pola cal solicitaron este obradoiro á Consellería de Vicepresidencia.

     A este taller asistiron varios representantes da policía local grovense e da garda civil que opera nesta localidade; co fin de prepararse mellor para atender este tipo de casos; ca axuda de Marta Pintos, unha persoa especializada na formación para abordar con corrección este tipo de casos. Ademais desta traballadora social e axente de igualdade da Xunta de Galicia, neste obradoiro tamén interviñeron representantes da administración local en materia de servicios sociais, do Centro de Información a Muller e atención a menores e familia para explicar as súas funcións e aclarar posibles dúbidas que puideron xurdir.

    Redacción Salnés