A covid non frea o certame ‘Máis que tapas’ do Barbanza ó que se suman máis hostaleiros

A POBRA> Chega unha nova edición do certame ‘Máis que Tapas’ da mancomunidade Barbanza-Arousa. A proposta arrancará esta vindeira fin de semana na Pobra. A edición deste ano chega cargada de importantes novidades, moitas delas motivadas pola covid. As limitacións da capacidade dos locais fixo que se optara tamén pola ‘tapa para levar’.

A sexta edición da ruta ‘Mais que tapas’ de Barbanza-Arousa chega condicionada como non podía ser doutro xeito pola situación que nos toca vivir por mor da covid. A hostalería é tamén un dos sectores máis afectados pola pandemia, pero lonxe de buscar escusas, decidiu implicarse na iniciativa, aumentando o número de locais participantes con respecto ó ano pasado.

Unha das novidades deste ano é que tamén haberá ‘tapa para levar’, dándolle solución así ós problemas de capacidade dos locais polas restricións impostas polas autoridades sanitarias.

Outro ano máis a proposta contará coa colaboración de dúas bodegas da zona: Saborido e Entre Os Ríos da indicación xeográfica protexida viños da Terra do Barbanza e Iria que poderán degustarse acompañando ás tapas.

A ruta arrancará esta fin de semana na Pobra, e durante as seguintes fins de semana de novembro seguiranlle en Ribeira, Pobra e Rianxo. Como xa ocorrerá o ano pasado a proposta contará tamén con actividades complementarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí