BARBANZA> No Barbanza celebraron por todo o alto o Día Internacional da Discapacidade. Escolares de toda a comarca participaron no Festirititi organizado por AMICOS en Boiro. Na Pobra, a praza Segundo Durán acolleu unha xornada de xogos a cargo de AMBAR.
Como cada 3 de decembro, unha nova edición do Festiritititi encheu Boiro de cor e diversión. Centos de nenos de cinte centros educativos de toda a comarca participaron neste festival da integración desenvolvido no pavillón de Barraña. O xogo foi o motor da festa á que tamén se sumaron autoridades non só a nivel local.
A asociación AMBAR tamén quixo conmemorar esta efeméride cunha xornada festiva. Usuarios da entidade e escolares da Pobra participaron nos actos desenvolvidos na praza Segundo Durán.
Ademais de xogos e diversas actividades, os asistentes deron lectura a un manifesto para reclamar ás administracións unha sanidade e atención social de calidade así como a igualdade real de oportunidades en prol dunha sociedade inclusiva.











