Vilagarcía e Catoira apostan por unirse cunha senda literal polo Ulla

VILAGARCÍA> Vilagarcía e Catoira apostan por unirse a través dunha senda polo litoral. Os concellos traballan nun proxecto de ruta de sendeirismo que transcorrería dende Carril- Cortegada ata as Torres do Oeste. Ademais, completarías con outras actividades, como viaxes pola ría.

Unir Vilagarcía e Catoira a través dunha senda polo litoral. Este é o novo proxecto no que están a traballar os dous municipios. A ruta sería duns 7 quilómetros, e transcorrería dende Carril-Cortegada, na vila arousá, ata as Torres do Oeste, xa en terras catoirenses.

Este proxecto nace como unha prolongación doutro no que xa traballaba Vilagarcía: levar o paseo marítimo ata a praia do Campanario, en Bamio. Agora súmase o concello de Catoira, e ambos municipios irán da man para levar adiante o proxecto.

Ademais, a intención é convertelo nun produto turístico máis ambicioso. A ruta podería complementarse con viaxes pola ría.

A de hoxe foi a primeira reunión entre os representantes dos dous concellos. Agora agardan celebrar un segundo encontro para avanzar no estudo das diferentes fases do proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí