Un tripartito de esquerdas, opción máis probable para o futuro goberno de Outes

OUTES> As pasadas eleccións deixaron un panorama tamén incerto en Outes.

O PP liderado por Fran Calo pasou a converterse na forza máis votada con seis edís, a un da maioría absoluta.

Aínda así a súa chegada á alcaldía parece complicada. Todo apunta a edición dun pacto entre as tres forzas progresistas: Compromiso Outes, partido que ostenta actualmente o goberno, Bloque Nacionalista Galego e Partido Socialista.

A suma das tres formacións daría unha maioría absoluta e a configuración dun goberno estable para os vindeiros catro anos.

O acordo aínda está en cernes, pendente de novas conversas, pero todo apunta a que será a opción máis probable.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí