Unha obra a carón da igrexa de Abanqueiro suscita o malestar da veciñanza

BOIRO> Esta reforma dunha edificación nas inmediacións da igrexa parroquial de Abanqueiro está a levantar o malestar entre os veciños e residentes na zona.

Din que se trata dun antigo alboio convertido en vivenda ó que agora se lle está a dar unha altura polo que dubidan de que conste cos correspondentes permisos, especialmente co de Patrimonio pola súa proximidade ó conxunto histórico da igrexa e o cemiterio.

Hai tres meses presentaron un escrito no Concello solicitando información sobre a licenza pero aínda non tiveron resposta formal, aínda que de palabra lles trasladaron que conta cos permisos en regra.

Unha información que confirmou esta mañá o propio concelleiro de Urbanismo, Luís Ruíz, quen indicou que a obra conta con licenza municipal e os permisos sectoriais correspondentes.

Segundo o propio edil, ante a preocupación que a obra suscitou entre a veciñanza, o Concello  está a ser minucioso co control da actuación para que o promotor cumpra escrupulosamente coa legalidade urbanística vixente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí