A confraría terá 173.000 para custear un biólogo e nove vixilantes

    CONVENIO_CONFRARIA_CAMBADOS copia.jpgCAMBADOS> Dos once pósitos da provincia de Pontevedra o cambadés conta coa axuda máis alta das concedidas por Mar debido ó seu volume de traballo.

    {flowplayer}images/salnes/SINATURA_CONVENIO_CONFRARIA_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Dos once pósitos existentes na provincia de Pontevedra, o de Cambados é o que recibe a axuda económica máis elevada, 173.000 euros. Con eles a consellería do Mar contribuirá a subvencionar o mantemento dun biólogo e dos nove vixilantes que supervisan as zonas de explotación nas que traballa a confraría. O Patrón Maior, Benito González, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asinaron os convenios polo que se concede esta axuda.

    A concesión da maior axuda outorgada ós pósitos pontevedreses vén xustificada polo alto volume de traballo que rexistra a confraría de Cambados e a diversificación de actividades pola que están apostando nos últimos tempos. Un exemplo, o cambio este ano da forma de comercialización da zamburiña, o que lles permitiu incrementar case nun 150% o seu prezo con respecto ó ano pasado.

     ‘Colectivo exemplar’

    O patrón maior de Cambados volveu a pronunciarse sobre a protesta realizada a pasada semana por algunhas mariscadoras de a pé solicitando información sobre o proxecto do Saco de Fefiñáns. Como xa declarara a Canal Rías Baixas, Benito González considera que a manifestación respondeu a intereses políticos da vicepresidenta da agrupación, e lamenta que este tipo de actitudes poida botar por terra o traballo dun colectivo que tilda como ‘exemplar’.

    Redacción Salnés