A comarca do Salnés contará con cinco obradoiros de emprego despois do verán

    CAMBADOS> A comarca de O Salnés contará con 5 obradoiros de emprego nos que preto de 100 persoas se formaran despois do verán. Farano en oficios tan dispares como; a hostalería ou a cantería. Unhas accións formativas que foron presentadas polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, na antiga sede de Exposalnés, en Cambados. 

     

    A comarca do Salnés e os concellos que a conforman continúan apostando forte pola formación e o emprego. Esas dúas accións que unidas dan lugar aos tan demandados obradoiros de emprego. O delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís estivo en Cambados, onde presentou os 5 obradoiros que recalarán na contorna. 

    A Mancomunidade volverá a ofrecer o seu tan exitoso obradoiro de Hostalería, no que poderán participar uns 20 alumnos, e que por primeira vez deixará de impartirse nas instalacións de A Lanzada para facelo en Sanxenxo. Ademais, o segundo obradoiro aceptado, e no que outras 20 persoas sen emprego poderán formarse é o de rehabilitación de muíños de río que se desenvolverá en Vilanova, Meaño e Sanxenxo. 

    Un terceiro proxecto presentado pola mancomunidade, e dirixido a menores de 25 anos para rehabilitar contornas naturais en Ribadumia e Meis, finalmente non foi concedido. 

    En toda a provincia de Pontevedra, a Xunta autorizou un total de 29 obradoiros, que supoñen un investimento duns 5 millóns de euros. 

     {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/09/touris_obradoiro_mancomunidade_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/09/touris_obradoiro_mancomunidade.mp4{/flowplayer}