PONTEVEDRA > Comisións Obreiras mantén outro fronte aberto coa administración. Neste caso en Pontevedra e contra o traslado da factoría de Ence, emprazada en Lourizán. O sindicato solicitou, sen resposta, unha reunión co conselleiro de Industria e urxe a convocatoria da mesa de concertación anunciada no seu día por Emilio Pérez Touriño.
O sindicato Comisións Obreiras ten solicitado xa en dúas ocasións unha reunión co Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, pero aínda non recibiu contestación. Descoñecen que tipo de xestións poida estar realizando a administración autonómica e advirten que, mentres tanto, xa se instalaron noutros puntos de España catro papeleiras. Unha delas, en Navarra, a que Georgia Pacific tiña previsto por en Pontevedra.
O secretario de Acción Sindical Nacional de Comisións Obreiras, Xaime López, lembra que na planta de Lourizán ‘seguimos fabricando pasta de papel e ademais temos a materia primar, a madeira pero non o producto con valor engadido, que se vai para outros sitios’. O sindicato reclama, xa que logo, que se convoque canto antes a mesa de concertación. O sindicato insiste na permanencia de Ence en Lourizán e no peche do ciclo productivo neste emprazamento.
Redacción Salnés