O BNG de Boiro promove un acto informativo contra a mina de Touro

BOIRO> O BNG de Boiro organiza un acto informativo sobre a reapertura da mina de Touro. Terá lugar este xoves ás oito e media no centro social de Cabo de Cruz.

Son moitos os motivos polos que os nacionalistas se opoñen á reapertura da mina de Touro xa que, din, suporía un grave prexuízo medioambiental para toda a ría de Arousa e para a súa produtividade.

Ademais de levar a pleno unha moción para instar ó goberno autonómico a desautorizar a reapertura, os nacionalistas organizaron un acto informativo que terá lugar este xoves.