Salnés Click ou novo material turístico, herdanza do obradoiro de promoción turística da Mancomunidade

O SALNÉS>  A plataforma Salnés Click, rutas guiadas ou a creación de material turístico divulgativo son só unha parte da herdanza que deixa o alumnado do obradoido de emprego de promoción turística do Salnés. Nel participaron 16 mozos. Algúns deles, xa antes de rematar, atoparon traballo grazas a esta acción formativa da Mancomunidade, que rematou hoxe.

Un ano despois, rematou o obradoiro de emprego de promoción turística do Salnés, nas modalidades de marketing e turismo. En cada unha delas participaron 8 alummos, que recibiron unha formación máis que completa. Esta mañá tivo lugar a clausura dos cursos, onde o alumnado aproveitou tamén para amosar todo o traballo feito. Entre os desafíos máis grandes, o impulso da plataforma Salnés Click.

Na parte turística salientan as experiencias prácticas reais ao longo e ancho do Salnés, con iniciativas -incluso- compartidas con outros obradoiros de emprego da Mancomunidade, como é o caso do de hostalería. Unha formación completa que é un dos grandes signos identitarios do organismo comarcal.

A formación dos dous grupos tivo lugar no concello de Ribadumia. O alcalde anfitrión aproveitou para recoñece-lo valor desta aprendizaxe en materia de turismo e márketing, máis aínda tendo en conta o actual contexto.

O alumnado participante recibiu esta mañá o seu diploma acreditativo. Moitos deles xa non puideron asistir ao acto porque, grazas a esta acción formativa, xa atoparon un traballo.