Sanxenxo estrea a súa nova zona verde na contorna da Praza dos Barcos

SANXENXO> Xa está aberto ao público o novo xardín entre a praza dos Barcos e a zona portuaria de Sanxenxo. Trátase dun espazo duns 5.000 metros cadrados que vén de ser renaturalizado, partindo dun proxecto que se inspira en Punta Vicaño. Esta é a primeira fase dunha remodelación que suporá tamén a construción da ‘Batea en Terra’, unha estrutura que permitirá a celebración de eventos a cuberto nesa zona.

Este é o resultado da primeira fase do proxecto de remodelación da contorna que une a praza dos Barcos coa zona portuaria de Sanxenxo. Aquí creouse un novo espazo público verde, que busca renaturalizar uns terreos gañador ao mar.

Un xardín de 5.000 metros cadrados, composto por vexetación autóctona e impirado en Punta Vicaño.

Na inauguración deste espazo estivo tamén o presidente da Xunta. Rueda comprometeuse a avanzar na tramitación do Plan de Usos do Porto de Sanxenxo, co obxectivo de que estea listo no verán de 2024.

A partir de aí, seguiríase avanzando neste proxecto. A súa segunda fase contempla a creación dunha estrutura denominada ‘Batea en Terra’.

A primeira fase deste proxecto supuxo un investimento de 1,8 millóns de euros, autofinanciada con fondos da empresa municipal Nauta Sanxenxo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí