O CES pide compensacións para os coches danados nas riadas

    reunioncesvilagarcia_100_020207.jpgVILAGARCÍA > O Consello Económico e Social acordou esixir máis axudas ás administracións para paliar os efectos das riadas.

    O Consello Económico e Social de Vilagarcía abordou hoxe a problemática ocasionada polas riadas de outono coa vista posta nas axudas. A proposta da CIG acordouse solicitar algún tipo de axudas para os vehículos danados, xa que a maior parte deles quedaron totalmente inservibles nos propios garaxes.

    O CES recolleu tamén a proposta do BNG, FECA e Cámara de Comercio para reclamar da administración central novas axudas como as que se tiveron aprobado para outros lugares como Navarra ou Aragón. E na mesma reunión xa tiveron novas. Dou a casualidade de que, durante o transcurso da reunión do CES, comunicóuselle ó alcalde que o Consello de Ministros que se estaba a celebrar nese intre en Madrid, ía a analizar a proposta do paquete de medidas especiais e que, case con toda probabilidade, ía ser aprobado polo Executivo. Ante esta noticia, o CES considerou convinte esperar a coñecer o contido e alcance das axudas e ver si cumpre nas expectativas. No caso contrario, o órgano faría as xestións precisas de novo para que as medidas foran ampliadas.

    Na reunión o alcalde tamén informou ó CES que este mes virá a Vilagarcía o conselleiro de Medio Ambiente para presentar un estudo sobre as necesidades do municipio para evitar este tipo de catástrofes, precisamente unha das reclamacións feitas desde o BNG nesta xuntanza. O que inda está a esperar é que se achegue de novo o delegado do Goberno en Galicia para falar sobre este asunto, polo que volverán insistir. Por último, houbo un compromiso por parte do Concello en rematar a actualización do Plan de Emerxencia Municipal.

    Redacción Salnés