O GROVE > O persoal fixo de ALFAGEME, preto de 10 postos entre persoal de oficina e mantemento, reincorporáronse o luns 9 de xaneiro ó traballo na factoría meca, tras ser requeridos pola conserveira viguesa, supostamente coa intención de poñer a punto a maquinaria para a manipulación do mexillón.
O plantel de MARSAC ve este feito como un paso adiante nas súas reivindicacións, anque as mulleres seguen, unha semana máis, cos turnos de vixianza establecidos diante das instalacións.
Un total de 6 empregados de Mariscos San Caetano volveron ó traballo na factoría grovense, en vista de que a marea vermella remite e xa se abriron algúns polígonos de cultivo. Pola súa banda, INTECMAR segue cos mostreos oportunos para que continúe a apertura de polígonos, algo que afectará positivamente a esta empresa e o seu futuro. O plantel de MARSAC ve con optimismo a reincorporción do persoal fixo, xa que a recuperación da actividade por parte deses empregados especializados na reparación da maquinaria significa que a fábrica se prepara para seguir traballando. Aínda que os delegados sindicais e o comité de empresa prefiren ser cautos neste asunto, recoñecen estar preto do final do conflicto cunha resolución favorable ós intereses das afectadas. Sen embargo, sobre a recuperación do persoal fixo discontinuo a empresa viguesa aínda non se pronunciou, polo que os turnos de vixianza ás portas de Porto Meloxo non sufren, polo momento, ningunha modificación. Os delegados sindicais seguen pendentes da reunión concertada coa conselleira de Pesca, Carmen Gallego.
Redacción Salnés