Vilagarcía favorece a conciliación familiar cunha nova edición dos campamentos de verán

VILAGARCIA> Vilagarcía abre os prazos de inscrición para unha nova edición dos campamentos de verán. Poderán anotarse os nenos e nenas de catro e dezaseis anos cuxos pais estean traballando ou en erte. O concello busca axudar á conciliación e fomentar actividades lúdicas e de ocio entre os máis pequenos.

O concello de Vilagarcía volve poñer en marcha os campamentos de verán. Unha iniciativa que permitirá á xente máis moza realizar diferentes actividades lúdicas e de ocio durante as vacacións estivais. Os campamentos contarán con todas as medidas sanitarias e dividirase en varios tramos de idade, os máis pequenos de 4 a 7 anos.

A xente máis moza, de 8 a 16 anos terá outro tipo de actividades. Estes nenos tamén estarán divididos noutros dous grupos, de 8 a 11 anos e de 12 a 16.

Poderán inscribirse todos aqueles nenos e nenas cuxos pais estean traballando ou en Erte. O obxectivo é favorecer a conciliación familiar.

O prazo para inscribirse abriu este martes e os interesados poderán realizar a inscrición no rexistro do concello ata o día 22 de xullo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí