Comezan a declarar ante o xuíz os doce detidos na Operación Sandía

    sandia copia100.jpgSALNÉS> O dispositivo desarticulou esta semana unha rede supostamente dedicada ó tráfico de drogas en toda a provincia.

    {flowplayer}images/salnes/OPERACION_SANDIA.flv{/flowplayer}

    O operativo de desarticulación actual iniciouse o pasado luns a cargo da Unidade de Drogas e Crime Organizado da Policía Nacional. Ese día realizáronse as tres primeiras detencións nun domicilio de Ribadumia: dous dos investigados foron descubertos polos axentes saíndo do inmoble con máis de 1300 gramos de heroína. Momentos despois chegaba ó domicilio outro dos sospeitosos que se deu á fuga saltando á rúa dende unha terraza cun paquete con máis de 2 quilos de cocaína. Ó momento os axentes procederon á súa detención.

    Ademais destes veciños da comarca do Salnés, a Policía Nacional tamén efectuou a detención de dous individuos máis de nacionalidade albanesa, e que a investigación sinala como líderes dunha rede que se dedicaría á importación de heroína e sustancia de corte.

    Dende que a investigación sobre esta rede de tráfico de estupefacientes comezara o pasado mes de xuño do 2010 e antes das detencións deste luns, a UDyCO xa detivera a outras sete persoas máis, que tamén pasaron hoxe a disposición xudicial.

    Os axentes realizaron na xornada de onte cinco rexistros en Vilagarcía, Meaño e Ribadumia, cunhas incautacións que unidas as anteriores suman máis de 2.500 gramos de cocaína, 6.100 de heroína, 50 gramos de hachís e un total de 37.685 euros, ademais de diferentes aparellos e substancias para preparar a droga.

    Redacción Salnés