Atopan o corpo sen vida do pescador desaparecido en Ons

    SANXENXO > O cadáver do mariñeiro de Sanxenxo desaparecido na tarde do luns, Xosé Luís Piñeiro, foi localizado nos arredores de San Vicente, no Grove. O corpo, que foi rescatado e levado ata Portonovo, foi trasladado posteriormente a Pontevedra, onde lle realizaron a autopsia. O home, de 67 anos de idade e natural de Sanxenxo, ía só na embarcación de recreo Xaraiba. Un veleiro que saíra de Portonovo pola tardiña, segundo comentaron algunhas fontes.

    O home, de 67 anos de idade e natural de Sanxenxo, ía só na embarcación de recreo Xaraiba. Un veleiro que saíra de Portonovo pola tardiña, segundo comentaron algunhas fontes. Sobre as sete da tarde, o pesqueiro cambadés Mallador I localizou a embarcación dada a volta e semiafundida preto da illa de Ons, polo que procedeu á procura do tripulante, ademais de dar a alerta. afogadoportonovo_300_140206.jpg

    Alí trasladáronse o helicóptero Pesca I , e catro buques de salvamento, así como unha lancha da Garda Civil que peitearon a zona ata que finalmente deron co cadáver, a tres millas e media de Ons, no lugar de San Vicente no Grove. O corpo sen vida foi localizado polo mesmo barco que onte atopou a embracación á deriva.

    Redacción Salnés.