O pleno aproba o PXOM cos votos de PP e BNG

    pleno_valga100_191208.jpgVALGA > O PXOM foi aprobado onte pola maioría do pleno, grazas ós votos do PP e do BNG. O PSOE opúxose pondo como argumento a situación do polígono.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_VALGA_PXOM.flv{/flowplayer}

    VALGA > Despois de dúas horas e media de debate, o goberno municipal de Valga sacou adiante a aprobación provisional do PXOM, contando co apoio do BNG. A sesión celebrouse no Auditorio de Ferreirós, onde acudiu tamén un centenar de veciños. Algúns deles portaban pancartas e carteis en protesta pola situación do futuro polígono industrial en A Medela e Magariños.

    O PSOE foi o único partido que votou en contra do Plan Xeral, pondo como argumento o polígono. PP e BNG defenderon a necesidade do parque empresarial para xerar postos de traballo. Agora, o Plan Xeral será enviado á Consellería de Política Territorial.

    Redacción Salnés