Turoperadores polacos visitan O Salnés

    SALNÉS> Un grupo de turoperadores polacos visita o Salnés para coñecer as actividades e plans de vacacións que ofrece a comarca. A gastronomía, o camiño de Santiago e incluso o tempo son os maiores atractivos que ofrece o Salnés para estes axentes que xa planean volver en 2016.

     

    Durante dous días varios turoperadores polacos percorren a comarca do Salnés. Convidados pola Mancomunidade estes axentes puideron visitar as principais vilas, coñecer máis sobre a Ruta do Mar de Arousa e o río Ulla dentro do Camiño de Santiago e probar e cociñar os produtos gastronómicos símbolo da zona.

    Ambos coinciden en que a variedade na oferta de plans turísticos lles fai moi difícil escoller o mellor para potenciar e para iso pediron axuda aos axentes galegos cos que se reuniron esta mañá. Este foi un moi bo momento segundo cualificaron os polacos para visitar Galicia xa que están agora mesmo coa creación dos seus catálogos para o próximo ano, no que o turismo galego terá unha sección propia. Incluso o mal tempo destes días foi para eles unha experiencia positiva.

    Dende a Mancomunidade xa están preparando a visita a Galicia e á comarca de O Salnés dun gran número de turoperadores polacos para o ano 2016.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/29/turoperadores_polacos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/29/turoperadores_polacos.mp4{/flowplayer}