Apoio unánime da corporación municipal ás reivindicacións do IES

    pleno_illa100.jpgA ILLA> A corporación municipal da Illa deu onte o seu apoio unánime ás reivindicacións da comunidade educativa do instituto.

    {flowplayer}images/salnes/plenos_varios.flv{/flowplayer}

    A ILLA> A corporación municipal da Illa deu onte o seu apoio unánime ás reivindicacións da comunidade educativa do instituto.

    O escrito defendido é o mesmo que distribúen agora polo concello para recoller firmas dos veciños e recolle as catro reivindicacións que motivaron a folga de 15 días que houbo no centro. Piden medio profesor para segundo de ESO e habilitar tres aulas deste curso, un docente máis para Pedagoxía Terapéutica, compromiso para ampliar o centro e a cualificación do instituto como de liña 3, é dicir que conte con tres aulas por curso.

    Tras ler o alcalde o escrito da ANPA só o portavoz do PP tomou a palabra para aclarar o apoio do seu grupo a estas reivindicacións.

    CONTAS DE 2010

    O debate continuou logo na Illa con asuntos económicos. Onte votouse a aprobación definitiva da conta xeral de 2010. O alcalde indicou que se pechou o ano cun remanente de tesourería positivo de 1,7 millóns de euros. As contas foron aprobadas só cos votos do PSOE e a abstención da oposición. Si houbo unanimidade na aprobación das contas da Fundación Deportiva de 2010, cun superávit de case 40 mil euros.

    ACTUALIZACIÓN DE TAXAS

    No Grove tamén onte houbo pleno, onde se debateu a actualización das taxas do IBI, do imposto de vehículos e por matrimonios civís. No caso do imposto de bens inmobles, o tripartito defendeu que será unha suba lixeira para o contribuínte. Pasará do 0,5 actual ó 0,58 e segundo o edil de Facenda, Juan Luís Callón, permitirá ó Concello ingresar uns 330 mil euros máis por esta taxa.

    A proposta do goberno non convenceu á oposición, que considera que este non é o momento de incrementar a presión fiscal ós veciños. Para o nacionalista, Carlos Álvarez Besada, este foi o seu último pleno como edil electo.

    Redacción Salnés