CAMBADOS > A toma de posesións dos novos membros da Mancomunidade do Salnés estivo marcada pola polémica. Especialmente a do concelleiro de Cambados, José Antonio Domínguez que sustituía á do BNG Montse Prado. Este feito foi denunciado polo alcalde vilagarcián, que asegurou que o procedemento para nomear un novo concelleiro non se axustaba ó espíritu da Mancomunidade.
O enfrentamento comezou cando trataba de tomar posesión o concelleiro popular de Cambados, José Antonio Domínguez. Nada máis achegarse á mesa para efectua-lo seu xuramento, o alcalde de Vilagarcía mostrou o seu desexo de intervir. e fíxoo nada máis remata-la toma de posesión para mostra-lo seu desacordo con que un edil do PP sustitúa a un do BNG que fora elexido no seu momento. Segundo o alcalde vilagarcián, o procedemento non é correcto xa que a elección só debería facerse unha vez e se hai que sustituír á persoa elexida debería se-lo seu grupo o que o fixera. Tamén os edís nacionalistas Ramón Mouriño e Castro Ratón criticaron a decisión do goberno cambadés por falta de elegancia e ética política. O concelleiro do PP da Illa, Antonio Otero apresurouse a decir que no mesmo caso de Domínguez estaría a Illa, posto que o concelleiro do PSOE que tamén tomou onte posesión, Manuel García Poza, sustitúe ó independente Luis Navarro. O alcalde atallou a polémica co pretexto de que Navarro é o único edil independiente da corporación. O alcalde de Cambados mostrouse en desacordo coa interpretación de Gago, e tamén o presidente da Mancomunidade que asegurou que as normas do organismo non contemplan as sustitucións. Durante o Pleno tamén tomou posesión como integrante da Xunta Xeral a concelleira de EdeG-EU do Grove, María Leonor Soilán Calvo, que estivo arroupada por Xan Caneda.
Redacción Salnés
Inicio Salnés - Caldas