A Deputación atende as demandas dos veciños e mellorá a seguridade viaria da estrada de Sisán

RIBADUMIA> En Ribadumia, a Deputación de Pontevedra vai mellora-la seguridade viaria na estrada que atravesa a parroquia de Sisán. A actuación servirá para mellora-la zona de tránsito peonil, ó tempo que se solucionan os problemas de anegamentos causados polas chuvias. Os traballos van comezar en breve.

A mellora da seguridade nesta estrada de Sisán, en Ribadumia, é unha vella demanda dos veciños da zona. A Deputación de Pontevedra vai actuar sobre a vía cun proxecto que custará 90.000 euros e que permitirá optimiza-lo tránsito peonil polas beiras. Ao mesmo tempo darase solución ós problemas de anegamentos que se rexistran cando chove.

A actuación afectará a máis de 400 metros por unha beira e a 200 pola outra. O proxecto está en fase de licitación polo que comezará en breve. Ten un prazo de execución de 3 meses. O alcalde de Ribadumia celebra o proxecto.

Estas obras sérvenlle ó deputado para reivindica-la necesidade de seguir traballando nos concellos máis rurais da provincia para fixar poboación.

Tanto o deputado como o alcalde aproveitaron o encontro para salienta-la boa sintonía entre administracións, co compromiso de seguir colaborando para mellora-las infraestruturas da localidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí