Durán promete un proxecto por cada calumnia que reciba do PSOE

    irmansduran100_020507.jpgVILANOVA > O balneario, as beirarrúas de Caleiro ou o campo de fútbol do Terrón. Son proxectos que o PP

    … está disposto a levar adiante de seguir no goberno local. O domingo presentaron a súa candidatura ós veciños e quixeron deixar ben claro que eles son capaces de facer todo isto.

    A Casa do Mar de Vilanova quedou pequena para a presentación da candidatura encabezada de novo por Gonzalo Durán. O actual alcalde acompáñase nestas eleccións por un equipo de 27 persoas, reflexo da sociedade vilanovesa. Do número 2, Julio Varela destacou os 30 anos que leva de concelleiro e as súas gañas de traballar, da número 4 Evangelina Lago indicou que se saberá defender soa nos plenos, e do número 6, Javier Tourís destacou que é unha persoa nova pero con moita experiencia. Significativas foron as palabras tamén para o número 4, José Juan Durán: ‘cando se darán conta que o sangue é máis espeso que a auga’ en relación ós rumores de distanciamento entre os dous irmáns.

    manuelfernandezpsoevilanova200_020507.jpgO PP tivo piropos coma estes para os seus, pero non para os contrincantes que terá nas Municipais, como o socialista Rodrigo Santiago. Del dixo que que ‘odia ó pobo’. O PP lanzou duras críticas tamén para o número 2 do PSOE local. O alcalde lembrou que parece ter máis dun problema con varios veciños. De feito na presentación do PSOE un comerciante de Vilanova presentouse no acto para reclamarlle unha débeda económica que se comprometera a pagarlle e da que non fixo fronte. Ó parecer a presencia de Manuel Fernández na lista socialista está a espertar malestar na propia militancia e algúns dos candidatos xa lle terían comunicado a Santiago a súa intención de abandonar a lista se non o fai antes o actual número 2.

    O actual alcalde recoñece que será unha campaña difícil e chea de calumnias por parte dos socialistas e amosouse disposto a cubrir calquera deses insultos coa presentación dun proxecto. Os populares amósanse optimistas para aumentar o número de edís a nove e piden o apoio dos veciños.

    Redacción Salnés