O BNG pide que se trasladen os depósitos de Ferrazo

    VILAGARCÍA > Os depósitos de Ferrazo de Vilagarcía volven ó primeiro plano da actualidade despois de que o deputado nacionalista Bieito Lobeira anunciara as medidas que tomará o seu grupo sobre esta cuestión. Entroutras, unha serie de preguntas que presentou no Parlamento para coñece-la opinión do goberno galego sobre este asunto.

    Bieito Lobeira asegurou en Vilagarcía que a posición do BNG sobre os depósitos de Ferrazo segue sendo a mesma que cando era oposición. Non están dacordo cos depósitos e pedirán o seu desmantelamento. Segundo os nacionalistas a ubicación destes depósitos é un risco inasumible para a Ría de Arousa, a maís productiva do mundo. Tamén recordou o deputado do BNG que o porto vilagarcián é competencia de Fomento, non do goberno galego pero quere saber cal é a postura deste sobre os actuais depósitos e sobre a posible ampliación dos mesmos. Para iso presentou unha serie de preguntas no Parlamento Galego relacionadas co presente e futuro dos depósitos de hidrocarburos vilagarciáns.

    Redacción Salnés