![]()
PORTONOVO> O Concello de Sanxenxo abriulle un expediente sancionador por falta moi grave e podería enfrontarse a un peche do local.
{flowplayer}images/salnes/denuncias_local_portonovo.flv{/flowplayer}
O Concello de Sanxenxo acabe de abrir un expediente sancionador por falta moi grave contra un local de Portonovo, por superar os valores de ruído autorizados. Trátase dun bar da rúa Progreso que só en 82 días xa suma 2.294 infraccións por superar en máis de 15 decibelios os niveis permitidos. Unha cifra récord rexistrada entre o 5 de xuño e o 15 de novembro. Agora enfróntase a multas de entre 9.000 e 60 mil euros, ou mesmo ó peche do local.
O Concello obriga desde hai anos ós locais de ocio e da mobida nocturna a ter instalados sonógrafos. En xeral, o goberno local defende que se está a cumprir a normativa, por iso considera que se debe actuar en casos tan chamativos coma este.
O titular do negocio suma ademais outras dúas sancións por incumprir o horario de peche.
Redacción Salnés








