A presidenta da Mancomunidade do Salnés considera insuficiente o reforzo sanitario da consellería

SALNES> Para a mancomunidade do Salnés, a solución aportada pola consellería é insuficiente. Sinalan que son a terceira comarca de Galicia en poboación durante o verán e que iso non se ve reflexado na asistencia sanitaria. Agardarán para ver se a situación mellora pero piden á consellería que elabore unha boa planificación sanitaria.

Os alcaldes do Salnés, agás Vilanova que non participa na mancomunidade, reuníronse onte co conselleiro de sanidade para comunicarlle a súa preocupación pola situación sanitaria. Os rexedores sinalaron que a situación que se deu nos Pac do Grove, Cambados, Vilagarcía e Baltar, chegando a estar baleiros durante algunha hora, é caótica.

Antes as propostas do conselleiro, dende a mancomunidade agradecen que se tomen medidas para cubrir os pac pero consideran que é insuficiente.

Tamén lles parece insuficiente que só se vaian a incorporar 11 facultativos para toda a comarca a partir de setembro.

Dende a mancomunidade entenden que isto poida deberse a unha mala planificación do pasado, pero sinalan que a competencia sanitaria é exclusivamente da xunta. Piden que se atendan as demandas dos concellos e se cubran as súas necesidades. Tamén adiantaron que polo momento agardarán para ver si a solución é suficiente, do contrario, volverán a mobilizarse a reclamar novas medidas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí