A CIG cre que a administración concursal de Thenaisie estase a inclinar pola ‘peor das ofertas’

O GROVE> A CIG presentará alegacións ao informe da administración concursal de Thenaise na que figuran dúas ofertas pola conserveira meca. A central nacionalista di que toma parte a favor da que eles consideran a peor das ofertas, a de Maquinaria Tomás Guillén.

O informe presentado pola administración concursal de Thenaisie non gusta á CIG. A central cre que nese documento estase a defender unha das ofertas por riba da outra, ó seu xuízo a peor para os intereses dos traballadores. Segundo a interpretación do sindicato, o informe amósase partidario da oferta de Maquinaria Tomás Guillén porque, din na CIG, pon por riba de todo os intereses dos bancos. A outra oferta que está enriba da mesa é a que máis lle gusta á CIG.

A CIG avanza que presentará alegacións. Pola súa banda a oferta de Cané Ferrero terá que alegar unha serie de ‘erros’ detectados pola administración concursal na súa proposta. Unha vez superada esta fase, tería lugar a poxa entre as ofertas presentadas.

A CIG tamén está en contacto coa que podería se-la terceira oferta, a de Conservas Rías Baixas, que non quere da-lo paso ata contar cun aval. Porque neste caso, a intención desta firma sería non dete-la actividade na conserveira meca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí