Vilanova avanza no proxecto para crear un espazo gastronómico na primeira planta da praza de abastos

VILANOVA> Vilanova avanza no proxecto de construción da Vilanovesa, un espazo gastronómico que irá situado na planta superior do mercado de abastos da vila. O concello quere reformar este espazo para preparalo para a instalación de postos de comida e bebida. O goberno local xa comezou as reunións coa consellería de infraestruturas para redactar o proxecto e buscar a financiación.

A praza de abasto de Vilanova conta na súa parte superior cun espazo de arredor de 500 metros cadrados. No seu día foi parte do mercado e posteriormente pasou a ser arquivo municipal, pero agora o concello atopou unha nova instalación para trasladar o arquivo e quere converter esta planta da praza nun espazo gastronómico que se chamará A Vilanovesa.

O espazo contará con numerosos locais de comida. Dende o concello consideran que o éxito destes establecementos recaerá na comida para levar. Xa que hoxe en día, a xente reclama máis este servizo.

Tamén con terrazas que darán más espazo aos establecementos durante o verán.

Dende o concello xa comezaron as reunións coa xunta para buscar a financiación. O que matiza o goberno local é para facer as obras porán a condición de que non afecten ao funcionamento das praceiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí