![]()
VILAGARCÍA> O número 07124 recibiu o segundo premio do sorteo celebrado o pasado sábado, un premio de 120.000 euros á serie dos que 12.000 quedaron no Salnés.
{flowplayer}images/salnes/PremioLotaria250612.flv{/flowplayer}
Un único décimo que se vendeu a través da máquina e que, sen dúbida, fixo ó seu portador pasar unha boa noite de San Xoán. O 7.124 foi o número agraciado co segundo premio do sorteo da Lotaría Nacional do pasado sábado. Un premio que ascende a 120.000 euros á serie, o veciño de Vilagarcía que se fixo cun décimo nesta administración recibirá por el doce mil euros. Trátase dun cliente habitual e que sempre xogaba ó mesmo número.
Con todo non é a primeira vez que esta administración da un premio destas características. Nos seus máis de cincuenta anos de historia son xa varios os que conta no seu haber. O máis grande dérono en pesetas.
Ó ser un número vendido a través da máquina non está adscrito a ningunha administración, polo que o resto da serie vendeuse en distintos puntos de España. Así é que o premio total, ós 120.000 euros quedaron moi repartidos.
Redacción Salnés







