SANTIAGO> Recordemos que O Chicle se enfronta a unha condena de 15 anos e dez meses de cadea, a petición do Ministerio Fiscal. Hoxe na sala de vistas volvimos ver á nai da moza de Boiro e ao pai de Diana Quer. Juan Carlos Quer reclamou unha condena exemplar.
Un dos momentos máis tensos do xuízo viviuse antes de que O Chicle tomara a palabra por última vez. Juan Carlos Quer púxose en pé e solicitou ao xuíz poder intervir.
Xa no exterior e tras escoitar a intervención de José Enrique Abuín, o pai da moza madrileña asegurou que non merece ningunha consideración.
Juan Carlos Quer tamén agradeceu á Fiscalía e á Garda Civil a súa profesionalidade. Asegurou que confía na xustiza, pero pediu unha condena exemplar para mandar unha mensaxe.
Ás portas do xulgado tamén atendeu á prensa a nai da moza de Boiro. Eli ten claro que, de non ser pola aparición dos mozos que a axudaron, o seu destino sería o mesmo que o de Diana.
Eli fixo un alegato a favor da prisión permanente revisable, cuxo mantemento respalda tamén Juan Carlos Quer.