O novo centro de saúde ubicarase ó carón do cemiterio do Caramiñal

    centropobra.jpgPOBRA> Isaac Maceiras dou a coñecer o emprazamento do novo centro de sáude. Será no cruzamento das rúas San Roque e Rafael Dieste.

    {flowplayer}barbanza/centrosaudepobra.flv{/flowplayer}

    Segundo explicou o rexedor pobrés optouse por esta parcela porque reúne as características óptimas para emprazar o futuro centro de saúde.

    Os terreos están localizados no cruzamento das rúas Rafael Dieste e San Roque, a carón do cemiterio do Caramiñal. Un lugar céntrico, subliñou o alcalde, con conexión por estrada coa Autovía da Barbanza e co Hospital Comarcal.

    Logo dunha visita realizada ó lugar, os técnicos da Xerencia de Atención Primaria da Consellería de Sanidade deron luz verde a este emprazamento polo que o mandatario pobrés non entende porque a agrupación local do PSOE critica o lugar escollido.

    Acusacións

    Maceiras asegura que a voceira dos socialistas, Teresa García engana os veciños cando di que o novo centro de saúde non se pode situar a menos de cincuenta metros do camposanto.

    O alcalde tamén desmintiu as declaracións dos socialistas nas que afirmaban que sería preciso modificar o PXOM para cambiar o uso do solo da parcela. Trátase, aclarou Maceiras, dun cambio puntual que pode ser aprobado por maioria da corporación local.

    Equipamento

    O rexedor adiantou que o novo centro de saúde será un edificio moderno, de dous andares e que estará dotado de novas tecnoloxía e dun Punto de Atención Continuada para atender urxencias as vinte e catro horas do día.

    Unha vez construído o edificio, o actual ambulatorio da rúa Venecia pasará a formar parte da residencia da Terceira Idade, o que permitirá ampliar en cincuenta o número de residentes.

    Redacción Barbanza