O pleno aprobará unha declaración institucional polo cuarto xulgado

    cuarto_xulgado100.jpgVILAGARCÍA> A xunta de portavoces de Vilagarcía manifestou hoxe a súa unanimidade sobre a necesidade de crear un cuarto xulgado.

    {flowplayer}images/salnes/cuarto_xulgado.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía acolleu hoxe unha reunión da xunta de portavoces na que participaron tamén representantes sindicais dos traballadores dos Xulgados.

    Na xuntanza acordouse aprobar no pleno do vindeiro xoves unha declaración institucional consensuada entre tódolos grupos municipais e o colectivo de traballadores demandando a creación dun cuarto xulgado en Vilagarcía. O texto será trasladado logo á Xunta.

    A alcaldesa Dolores García presentou nesta reunión un borrador da moción e finalmente acordouse que a fórmula idónea para fraguar o apoio da corporación á creación do novo xulgado era a dunha declaración institucional. Así, o texto será readaptado incluíndo os matices achegados polas partes para ser elevado e aprobado no vindeiro pleno.

    O que si se concretou hoxe foi o apoio de tódolos grupos ás reivindicacións dos traballadores da administración xudicial de Vilagarcía. Estes demandan o cuarto xulgado ante a excesiva carga de traballo que soportan e a acumulación de expedientes, co conseguinte retraso na resolución das causas. Os grupos apoian a proposta do goberno local de por a disposición da Xunta un local para por en marcha a cuarta sala de xeito provisional, mentres non se atopen terreos para un novo edificio xudicial.

    O Concello lembra que a alcaldesa solicitou hai unha semana unha entrevista co director xeral de Xustiza para falar deste asunto.

    Redacción Salnés