O CIMA agarda que os Lombos recuperen ameixa e berberecho nas próximas campañas

    AROUSA> Que esta sería unha campaña complicada para o libre marisqueo nos Lombos do Ulla, é algo no que os patróns insisten practicamente dende principios deste ano. Hoxe, dende o Foro Acui, o Centro de Investigacións Mariñas de Vilaxoan coincidiu con esta visión: os mariscadores non atoparán nin ameixa nin berberecho para recoller. No que non coinciden é nas medidas a tomar: mentres as confrarías apostan por realizar dragados profundos, o CIMA amósase partidario de non facer grandes movementos de areas. Iso si, a pesares da complicada situación actual, as expectativas para a vindeira campaña son máis optimistas.

     

    A principios deste ano xa o advertían os patróns maiores arousáns: a campaña de libre marisqueo nos Lombos do Ulla sería practicamente nula. Segundo o biólogo do Centro de Investigacións Mariñas de Vilaxoan, Edgar Cima, a baixada de salinidade rematou coa poboación de ameixa.

    Para os patróns maiores a Xunta plantexou actuacións tarde e de pouco calado. Dende as confrarías apostan por amplos dragados, algo que foi desbotado dende o goberno autonómico. Unha postura que comparten dende o CIMA.

    Mellores son as perspectivas para a vindeira campaña. De feito, algunhas especies de ameixa xa foron quen de  restablecer as súas poboacións.

    Tamén a situación do berberecho anima á esperanza. A pesares de que dende o CIMA advirten de que a marteilia non se pode controlar, no que levamos de ano a situación é mellor.

    Sobre os outros dous grandes bancos da Arousa, Cabío e Bohído, é este último o que presenta a mellor situación. Iso si, preocupa que non sexa quen de aguantar a presión que sufrirá esta campaña, debido á cantidade de embarcacións que abandonarán os Lombos para traballar nesa zona.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/08/foro_acui.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/08/foro_acui.mp4{/flowplayer}