Tres maiorías absolutas afianzan o liderado socialista na comarca do Salnés

SALNÉS> Tres maiorías absolutas afianzan o liderado socialista na comarca do Salnés. Na Illa de Arousa, O Grove e, sobre todo, a xoia da coroa, Vilagarcía, os candidatos do PSOE acadaron resultados que lles permitirán dirixir de xeito cómodo os seus concellos. Todo apunta a que Cambados tamén se manterá baixo o liderado de Fátima Abal, que se consolida como líder dun posible tripartito.

Doce dos 21 asentos da corporación vilagarciá estarán ocupados por concelleiros socialistas. O resultado acadado onte dá ao equipo de Alberto Varela catro edís máis que no 2015.

Como novidade, entran na corporación Ciudadanos e Marea da Vila con un representante. Suso López seguirá no pleno grazas ao sillón gañado por En Común. O BNG perde un edil, pero o peor resultado é o colleitado polo  PP: de 7 no 2015, pasa a 5 concelleiros.

As urnas tamén acompañaron os socialistas no Grove. José Antonio Cacabelos pasou de 8 a 10 edís dos 17 posibles. Ademais, o PSOE da Illa seguirá á fronte do concello con maioría absoluta. A pesares de que perdeu un concelleiro, os seis que conseguiu permiten a Carlos Iglesias manter o liderado.