![]()
PONTEVEDRA> A cidade de Pontevedra vestiuse , día de San Sebastián, para entregar os premios da Cidade de Pontevedra. O xurado, formado por representantes dos tres partidos do Concello, un voceiro veciñal, outro da asociacións culturais e un ultimo do Colexio de Xornalistas outorgou por unanimidade o premio na modalidade de persoa individual ó teólogo Xulio Lois e na de persoa xurídica á Aula Castelao.
A corporación municipal ratificou a decisión do xurado nun pleno extraordinario e posteriormente procedeuse a entrega dos premios. En primeiro lugar e na modalidade de persoa individual o teólogo e xurista Xulio Lois Fernández recollía o seu galardón con moitas lembranzas na súa cabeza , que lle fixeron trasladarse ata as datas da súa nenez na cidade de Pontevedra. Autor da teses doutoral Teoloxía da Liberación: opción dos pobres, os seus mentores destacan o seu compromiso coas súas ideas e crenzas. O premio foi proposto pola promoción de bacharelato do Instituto de Pontevedra 1945- 1952.
Na modalidade de entidade o premiado deste ano foi a Aula Castelao . Esta asociación de filosofía e mestres de ensino medio constituíuse en Pontevedra en 1981 tendo como obxectivos a innovación temática e metodolóxica no campo da filosofía e a normalización da lingua galega. As actuacións de maior releve dos membros desta agrupación veñen sendo as Semanas Galegas da Filosofía que este ano cumprira a súa vixésima terceira edición. Un foro crítico, interdisciplinario e aberto a toda a sociedade.
Redacción Salnés





