CAMBADOS> O BNG amosa a súa preocupación polo futuro do sector mar-industria. Os nacionalistas consideran que a Lei de Costas do Estado parte dun descoñecemento da realidade da costa galega.
O deputado no Congreso, Néstor Rego, defende que as actividades que se desenvolven nestes terreos son fundamentais para a economía e que teñen que asentarse alí, ao ser actividades vinculadas á pesca e o marisqueo. Contrapón a nosa realidade co Mediterráneo, onde o que se asentan no dominio público son hoteis e complexos turísticos.
Dende o Bloque tamén reclaman á Xunta a desafectación dos terreos portuarios onde se asentan a estación de autobuses, a praza de abastos e o centro de saúde. Piden a Portos de Galicia que ceda a titularidade ao concello.
Ademais, os nacionalistas avanzaron que van presentar varias iniciativa no Congreso dos Deputados e que van pedi-lo traspaso das competencias sobre costa á Xunta.