Unha exposición fotográfica homenaxea os adegueiros de Meaño

MEAÑO> O Pazo de Lis, en Meaño, acolle xa unha exposición fotográfica para homenaxear os seus adegueiros. As fotografías son obra de José Luiz Oubiña, que co seu obxectivo percorreu as distintas adegas da vila. Unha mostra na que ten un espazo especial Paco Dovalo, da adega Cavaleiro Doval, falecido hai varios meses.

Nas paredes do Museo da Muller Labrega, no Pazo de Lis de Meaño, exponse unha panorámica do sector vitivinícola do concello. A mostra está asinada polo fotógrafo José Luiz Oubiña, que rende unha homenaxe a este mundo.

Oubiña percorreu co seu obxectivo a case totalidade das adegas meañesas. O resultado é unha mostra composta con instantáneas de 22 adegueiros, entre as que ten un espazo especial Paco Dovalo, falecido hai varios meses.

A exposición poderá visitarse de martes a sábado entre as 6 e media da tarde e as 9 e media da noite. Domingos e festivos estará aberta ao público entre as 11 da mañá e as 2 do mediodía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí