A romaría viquinga e a festas do albariño únironse nas xornadas os viquingos e o viño

CATOIRA> A festa do albariño e a romaría viquinga únense nunha xornada para promocionar o viño e a cultura. O capítulo serenísimo do albariño organizou un evento que contou coa participación de relatores nacionais e internacionais e que se pechou cunha cata. A xornada retransmitiuse por streaming ata en 17 países.

Dúas das festas da provincia de Pontevedra declaradas de interese turístico internacional, a romaría viquinga e a festa do albariño, únense para promocionar o viño e a cultura. A través dunha xornada, organizada polo capítulo serenísimo do albariño, púxose en valor a importancia do viño na tradicional tribo nórdica.

Para o capítulo serenísimo esta unión coa romaría viquinga supón unha posibilidade promocionar o viño albariño nos países nórdicos.

A xornada contou coa presencia de relatores nacionais e internacionais e foi retransmitida vía streaming en numerosos países.

O relator internacional foi Ole Madsen, o director da universidade arqueolóxica do instituto stanvanger de Noruega, ademais do presidente da asociación de destinos vikingos. Madsen mostrou a súa sorpresa pola romaría viquinga de Catoira.

Outro dos relatores foi Eduardo Morales, que presentou a súa obra Los vikingos en Galicia.

A xornada pechouse cunha cata na que Jorge Vila presentou as diferentes variedades do viño albariño. O evento tamén serviu para que Catoira coñecese da existencia dunha exposición do museo de Copenaghe sobre unha expedición viquinga en Galicia. Unha mostra pola que o concello comezará a realizar as xestións para tratar de traela a Catoira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí