Os alumnos aproban o Tecno Verán de Vilagarcía con nota

    VILAGARCÍA> A área de Xuventude de Vilagarcía apostou pola tecnoloxía nun dos cursos, que dende esta concellería se organizaron para esta época do ano. Unha maneira de aprender divertíndose e descubrindo, un mundo tecnolóxico que cada día demanda de máis entendidos na materia.  

     

    Paula Vidal é unha das participantes neste curso de verán, no que cada día e durante dúas semanas aprende cousas tan complexas como estas… 

    Un aprendizaxe ca que se pretende que todos os que participen, se divirtan aprendendo. Ese é o caso de Rurán outro dos alumnos deste curso de verán. 

    Este campus de verán estase a desenrolar ao longo do mes de xullo de 9 a 14 horas, no CEMIT de Matosinhos. E xa houbo unha quenda de menores de idade, que xa remataron, e agora están os de maior idade.

    Expertos tecnolóxicos e tamén investigadores.. un dos exercicios deste curso é descubrir cousas coa axuda das novas tecnoloxías. 

    Robótica, impresión en 3D, xeolocalización, hologramas, redes sociais, kinect, scratch, deseño de aplicacións e deseño de xogos forman parte deste curso, que na súa segunda edición tivo unha moi boa acollida por parte do público.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/21/tecno_veran_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/21/tecno_veran_villa.mp4{/flowplayer}