Gadisa suma co centro de Sanxenxo 192 puntos de venta en Galicia

    inauguracion_gadis_100.jpgSANXENXO > Esta mañá en Sanxenxo estiveron de estreo, coa apertura do novo centro do grupo de distribución alimentaria Gadisa. Ademais deste punto de venta …

    a empresa galega tamén abriu hoxe outros catro centros en Lugo, Santiago e Valladolid, que a asentan coma unha das cadeas do sector máis importantes de Galicia.

    Coas cinco inauguracións de hoxe, Gadisa suma 192 puntos de venta en Galicia e Castela e León, e uns 5.500 empregados. En Sanxenxo a empresa de supermercados volve a repetir as súas prioridades de ofertar produto de calidade a través de marcas líderes e de tamén de baixo custe. En total hai algo máis de 9.000 artigos a elixir nun espazo que busca a comodidade dos clientes.

    Un especial coidado teñen os produtos frescos, dende peixes, mariscos, froitas ou verduras, que a empresa xestiona de xeito directo cos seus provedores, evitando a presenza de distribuidores. Un sistema que lles permite reducir os custes finais dos artigos, e tamén fomentar o sector primario galego, especialmente o dos pequenos e medianos produtores.

    A presenza de Gadisa na comarca do Salnés conta a partires de hoxe cun novo punto de venta, nunha zona onde non descartan seguir incrementando a súa presenza no futuro. O novo centro de Sanxenxo emprega a uns 28 traballadores, ten unha superficie de algo máis de 1.400 metros cadrados e servizos coma o de aparcamento ou venta a domicilio.

    Redacción Salnés