Presidencia recolle as demandas dos concellos de Valga, Portas e Poio

    COMARCAS > Coñecer de primeira man as necesidades de cada concello. Con este obxectivo a delegada en Pontevedra da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza visitou esta mañá os concellos de Valga, Portas e Poio. Os alcaldes aproveitaron para solicitarlle diversas melloras nas casas consistoriais.

    Mellorar as infraestructuras da casa consistorial é unha das principais demandas formuladas polo concello de Valga. O alcalde José María Bello Maneiro incluíuna na relación de necesidades que lle trasladou á delegada de Presidencia na provincia de Pontevedra. Na reunión mantida no propio concello, o rexedor tamén solicitou investimento para mellorar a sinal de televisión no municipio, e atender os Servizos de Normalización Lingüista e Fomento do Emprego.

     

    No caso de Portas, o goberno local reclama investimento para mellorar a iluminación do entorno da casa consistorial, onde tamén se atopan o centro de saúde e a casa de cultura. O alcalde, Roberto Vázquez, recibiu tamén a visita da delegada provincial e comunicoulle os problemas que están ter a consecuencia desta carencia.

     

    Por último a delegada visitou o concello de Poio onde coñeceu as necesidades máis prioritarias,  como a adquisición dun novo vehículo para a policía Local, un todo terreo para Protección Civil e a rehabilitación integral da casa do Concello.

     

    A delegada de Presidencia en Pontevedra estase a presentar ós alcaldes da provincia co obxectivo de mellorar a comunicación entre ambas administracións en beneficio dos veciños.
     

    Redacción Salnés