Reteñen en Vilagarcía un buque de bandeira panameña

    VILAGARCÍA > A Secretaría Xeral de Pesca Marítima do MAPA retén desde o martes no porto de Vilagarcía ó pesqueiro Gran Sol. Procedeuse á retención deste buque de bandeira panameña pero orixe descoñecida tras comprobar que se atopa incluído na lista de buques de pesca ilegal da Comisión de Pesquerías do Atlántico Nordeste.

    buquegransol_300_151205.jpgPesca Marítima denegou a autorización para a comercialización das capturas realizadas polo barco e instruíu un acta de infracción á lei de Pesca Marítima de España. O barco está sendo sometido a inspección tanto da carga coma das redes que emprega. Na súa paralización aplicáronse as medidas provisionais e cautelares de retención do buque por infracción moi grave ó violar as obrigacións establecidas no  Tratado Internacional da Comisión de Pesquerías do Atlántico Noroccidental que establece as medidas de conservación e xestión nesta área.

    Trátase dunha grave ameaza contra a explotación sostible das especies mariñas, restando efectividade ás medidas de conservación.  De desbloquearse a situación o barco partiría a Moaña para someterse a unha serie de modificacións puntuais.

    Redacción Salnés