Rastrexan o Río Lérez na busca dun posible afogado

    PONTEVEDRA > Dende a noite do mércores están sendo rastrexadas sen éxito as marxes do río Lérez ó seu paso por Pontevedra. Uns viandantes atoparon nun banco do paseo ó carón da Ponte dos Tirantes uns botíns e unha cazadora, polo que dende o primeiro momento se pensou nun posible suicidio. Ata o momento non se produciu ningunha denuncia por desaparición nin se sabe nada do suposto desaparecido.

    ratreolerez_300_260106.jpgNun primeiro momento, os indicios apuntaban a que o suposto desaparecido podía ter afogado tras lanzarse ó río a rescatar a un can que apareceu morto e que nun descuido puido caer ás augas do Lérez. Sen embargo, a propietaria do can morto era localizada na mañá do xoves e manifestou que o animal escapou da finca nun descoido e non foi quen de identificar os enseres aparecidos nun dos bancos, que nada teñen que ver coa morte do can ás beiras do río.

    Dende ese momento, os traballos continuaron sen resultado ningún, barallando a hipótese dun descoido ou dun suicidio. No caso de ser certo que se afundiu o corpo do suposto desaparecido, os efectivos poderían tardar varios días en atopalo.

    Os membros da Policía Local valoran a posibilidade de continuar co efectivo durante varios días. Polo momento, non foi denunciada a desaparición de ningunha persoa, polo que a identidade do presunto dono dos botíns e a cazadora atopada nun banco das inmediadiacións da Ponte dos Tirantes segue a ser unha incógnita.

    Redacción Salnés