Gonzalo Durán critica ó PSOE vilanovés por ‘non se interesar’ no PXOM

    VILANOVA > Gonzalo Durán referiuse, en ton irónico, ás obras que se poderán acometer no municipio vilanovés unha vez se aprobe definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Un plan non exento de polémica e que serve para que goberno e oposición se anden a criticar mutuamente.

    Sen ir máis lonxe o voceiro do PSOE, Rodrigo Santiago, denunciou que o concello pretende aprobar o PXOM sen lle ter contestado a tódalas alegacións feitas polos veciños, motivo polo que consideran que debe ser aplazado o pleno. Santiago Novás ve unha actitude oscurantista no equipo de Goberno nesta ausencia de resposta ós afectados e na escaso tempo que se lle dá á oposición para a súa aprobación .

    A reacción de Gonzalo Durán non se fixo agardar e, sen perder nunca a ironía, non só negou as afirmacións do edil socialista senón que o acusou de non ter visto nin sequera o plan de urbanismo e de non ter acudido á reunión desta mañá cos técnicos redactores.

    En calquera caso, Durán asegura que os informes ó plan son favorables e que, polo tanto, o pleno aprobará o plantexamento para ser remitido a Santiago de Compostela.

    Redacción Salnés