O GROVE > Reaparece na escena Francisco López, coñecido por todos como Chesqui. O venres ofreceu unha rolda de prensa para aclarar algúns rumores que corrían sobre o seu futuro político. E máis que aclaralos, abriu novas expectativas porque entre outras cousas, o vicesecretario xeral do Partido Galeguista ven de asegurar que haberá políticos do PP que pasarán á súa formación.
Ademais de concelleiros, hai xa varias agrupacións de independentes que amosaron o seu interese por pasar a formar parte do Partido Galeguista. De feito, éste é o traballo de Chesqui na zona norte de Pontevedra e na comarca do Barbanza. I
En Arousa hai varios contactos pero Chesqui non quixo desvelar ningún polo momento. O único seguro é que Independentes do Grove presentará a vindeira semana o seu paso ó Partido Galeguista. Con esta denominación se presentará ás eleccións municipais, anque non quixo desvelar se volverá a se-lo cabeza de lista.
Hai que recordar que Chesqui dimitiu como concelleiro de Independentes do Grove no 2.003 tras non acada-los resultados previstos nas eleccións municipais nas que tantas ilusións puxera. Ilusións que recuperou agora con este novo proxecto, co que espera grandes éxitos.
Redacción Salnés