![]()
VILANOVA> O pleno de Vilanova aprobou o documento do PXOM que se enviará a Xunta, cos votos a favor do partido popular. Unha vez máis o grupo socialista e o bloque nacionalista galego discreparon no contido e nas decisións tomadas no plan xeral de ordenamento que se axustan segundo os seus voceiros a decisións políticas inxustas.
O PXOM provisional de Vilanova, será remitido agora a Dirección Xeral de Urbanismo que será a encargada de darlle o seu visto bo para que a corporación poida aprobalo documento definitivo, ou polo contrario devolvelo para modificar os puntos rexeitados. Esto último é o que pasará segundo o partido socialista e o bloque nacionalista. Para os PSOE as decisións tomadas no plan xeral de ordenamento obedecen só a unha decisión política que beneficia a algúns veciños e castiga a outros. Este é o caso, segundo o voceiro socialista Rodrigo Santiago, dos terreos das vellas instalacións de Charpo declaradas neste documento como zona urbanizable e pola contra a declaración de zona verde na Sirena.
Pola súa banda o partido popular cre que o planeamento afecta a arredor de 10.500 persoas e que está pensado para favorecer a todos os veciños, polo que se a Xunta remite un informe negativo será unha decisión política socialista para castigar o partido popular. O rexedor vilanovés, Gonzalo Duran, afirmou que o grupo de goberno cumprira coa legalidade e co compromiso feito a os veciños vilanoveses.
Redacción Salnés







