VILAGARCÍA > Un vilagarcián de 34 anos permanece ingresado no Hospital do Salnés con prognóstico grave tras ter recibido unha malleira na madrugada do domingo en Vilagarcía, nos arredores da movida nocturna.Un dos seus agresores pasou xa a desposición xudicial.
O suceso ocorreu arredor das sete da mañá nas inmediacións da zona lúdica da TIR. Uns seis rapaces de pouco máis de 18 anos propinaron unha brutal tunda a J.Q.B. de 34 anos e veciño de Vilagarcía. Ata o lugar acudiron A Policía Local e a Policía Nacional onde atoparon sobre céspede a víctima inconsciente. Dada a gravidade das feridas, o rapaz foi trasladado o Hospital do Salnés que o derivou ó Complexo hospitalario de Pontevedra con politraumatismos craniais. Nestes intres o rapaz está fora de perigo e permanece ingresado no Hospital do Salnés. Un dos agresores xa detido e está a desposición xudicial. O alcalde de Vilagarcía aseguraba que estes casos son localizados xa que o parecer esta non é a primeira vez que denuncian a estes rapaces. O rexedor vilagarciá lembra que son moitos os mozos que cada fin de semana saen a gozar da noite na comarca. Deste xeito cre que non se pode culpar a toda a xuventude por uns actos que acometen un numero moi reducido deles.
Redacción Salnés