O GROVE> As traballadoras de Marsac no Grove comezarán a traballar o vindeiro mércores. Así o comunicou o responsable de Alfageme ó persoal concentrado as portas da empresa. A factoría traballará o mexillón e a zamburiña aínda que de momento só iniciará a actividade o persoal fixo descontinuo.
As afectadas acolleron a nova con optimismo aínda co compromiso de que seguirán loitando polo seu futuro laboral na fábrica. Esta mañá as delegadas sindicais mantiñan unha reunión co responsable de producción de Alfageme para comezar a actividade no mexillón e as zamburiñas o vindeiro mércores. Polo momento só traballará o persoal fixo- descontinuo, pero dependendo da producción podería ir incorporándose o eventual. Aínda que xa non continuaran coa vixilancia nas aforas da fábrica, controlarán moi de preto os movementos da empresa nos seus postos de traballo xa que non houbo ningunha confirmación de que o desmantelamento non se vaia a producir. Para as traballadoras a volta ó traballo é o resultado da última reunión coa conselleira de pesca e do seu compromiso de trasladar o problema a consellería de traballo. En canto á oferta de Conservas Peña para mercar Alfageme, as traballadoras non queren aínda dar a súa opinión a espera de que esta nova se faga oficial pero seguiran loitando ata conseguir unhas garantías firmes do seu futuro laboral sexa quen sexa o dirixente da fábrica meca.
Redacción Salnés