Miles de persoas prepáranse para unha nova edición do Festival do Norte

    festivalnorte100_120407.jpgVILAGARCÍA > Un total de dezaseis bandas e catro dj’s xuntaranse do 18 ó 19 de maio en Vilagarcía para ofrecer…

    … doce horas diarias de boa música. É o cartel da sexta edición do Festival do Norte, que ten un orzamento de 400 mil euros. Este ano o prezo das entradas baixa considerablemente ata os 12 euros por día en venda anticipada e 18 euros con dereito a acampada.

    cartelfestivalnorte300_120407.jpgA vindeira semana xa están á venda a través de Caixanova. Destaca a presencia do grupo galego Triángulo de amor bizarro, que está agora despuntando no panorama nacional. Tamén Señor Chinarro, mellor disco nacional. Estrearán novo traballo discográfico no Festival do Norte Deluxe, Sunday Drivers, Astrud, Fernando Alfaro y los alienistas e Travolta. As portas de Fexdega abrirán ás seis e media da tarde e haberá concertos desde sete ata as catro da madrugada.

    Haberá dous escenarios coma sempre, o de Estrella Galicia e o de Caixanova. A novidade será unha carpa con capacidade para 2.500 persoas, pola tarde será o escenario dos grupos noveis e pola noite, tralos concertos, actuarán os dj’s Homeboy e Dorian o día 18 e Kitten e Curtis o 19. A zona de acampada volverá ó parque do Castriño.

    Redacción Salnés