O Pazo de Vista Real convértese nun referente na formación laboral tras ser un símbolo dos narcotraficantes

VILANOVA> Fanse 10 anos da adquisición do concello de Vilanova do Pazo de Vista Real. Aproveitando o aniversario, o alcalde vilanovés fai balance do que estas instalacións supuxeron para o municipio. Cualifica como sobresalientes os traballos realizados no Pazo.

Hai 10 anos o concello de Vilanova facíase en propiedade co pazo de Vista Real. Un espazo que no seu día foi un dos símbolos do poder dos narcotraficantes e que na actualidade é un centro social e cultural da vila. 10 anos de traballos e melloras para beneficio da veciñanza vilanovesa.

Cando o adquiriron, o concello a topou un Pazo practicamente abandonado. Hoxe son unhas instalacións preparadas con tecnoloxías de última xeración.

As instalacións están destinadas a un uso social, cultural pero sobre todo educativo. Durante estes 10 anos realizáronse diversos cursos de novas tecnoloxías e obradoiros de emprego.

Numerosos alumnos que pasaron polo centro incorporáronse ao mundo laboral. O alcalde cualifica as instalacións como sobresalientes.

A formación continuará encabezando os futuros proxectos do Pazo de Vista Real. Dende o goberno confían en sen seguir mellorando e potenciando obradoiros como o de hostalería Mar de Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí